IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, NÓS TAMÉN FACEMOS

Ioga na biblioteca!

Hoxe na biblioteca fixemos IOGA imagesunha experiencia nova para min e os rapaces, e algún mestre, e algún coidador e para Anuncia, a nosa auxiliar ATS particular, que disque foi quen mellor o pasou 1f602.

Primeiro tocoulles ao grupo de formación básica. Presentación cunha gran roda, o can boca arriba facéndolles a ponte aos nenos, traballo de chan… Case tiven que botalos!!!

Ao grupo de transición á vida adulta xa o recibimos coa biblioteca quentiña 1F605. Un  IOGA 1f338 máis dinámico con asanas ou posturas máis complicadas. Mirade que ben o fan:

E para rematar, despois desta práctica intensiva de IOGA 1F33B.png, a mellor parte, a relaxación, o momento de non facer nada. Nada que facer, nada en que pensar. Algún ata quedou durmido 1F648.png.

GRAZAS CAROLINA por achegarnos ao mundo do IOGA 1f3f5 , grazas por lembrarnos que somos un círculo e que temos que mirarnos aos ollos 1F618.

 

(Síntoo por aqueles, rapaces e non tan rapaces, que non puideron vir.  A ver se repetimos!)

Fai IOGA images, vive feliz

fullsizeoutput_197b

NÓS TAMÉN FACEMOS 2757

Frida

Advertisements
#FRIDARECOMENDACIÓNS

E os Reis chegaron… Cargados de libros

E os Reis chegaron cargados de libros… Libros de mulleres e homes que fixeron historia, libros sobre o mar, contos para contar sen parar. Encántanme todos1F60D ! Debín ser moi boa este ano 1F60A.

 Ata un monstro verde me trouxeron 1F47B!

Primeiro, como sempre, deixo que as mestras lle boten un ollo 1F440, a ver se se enteran de algo, e despois para o meu recén estreado recuncho de novidades. 

GÚSTAVOS2753

Frida

#FRIDARECOMENDACIÓNS, A BIBLIOTECA NO CEE, CONTADAS

Ata o ano que vén!

23 de decembro, domingo, non hai ninguén no cole, só eu, comprobando a lotaría. Toda a festa foi o venres, todo o alboroto, todo o descontrol, todo o Nadal. Tocáronme algunhas “pedreas”, compenso os cartiños. Pero os nenos xa non están, xa marchou Papá Noel 1F385, os adornos, a alegría. Pasei de todo a nada.

Porque decembro ten algo especial.

Estreouse a alfombra dos contos e gustoulles, vaia se lles gustou. 5 días, 5 persoas distintas, 5 contadas.

Na biblioteca puxeron unha árbore 1F384xenerosa, para pedirlle desexos.

A ver se se cumpren 1F60A!

E eu mandeilles aos rapaces para a casa unha pequena recomendación lectora:

PREME AQUÍ

Cando volvan todos será un novo ano, un ano diferente, outro ano. Cousas novas pasarán. Pero polo de agora, a desfrutar das festas!!!

Vémonos o ano que vén!

Frida

#FRIDARECOMENDACIÓNS, CELEBRACIÓNS, CONTADAS

3D: Día da Diversidade

Hoxe no cole celebramos o Día da Diversidade (coñecido por outros lares como o Día da Discapacidade 1F615). Pero nós pensamos, ou mellor dito, eu penso (que non son quen para falar polos demais) que chamarlle ao tres de decembro Día da Diversidade é moito máis bonito.

Pois, para celebrar este día que nos representa tanto, porque neste cole somos super diferentes todos (empezando por min 1F481), invitamos aos compañeiros do CEIP ANEXO A Lomba. Unha clase enteira veu a desfrutar con nós do conto “A que sabe a lúa?”, que xa fixeramos unha vez.

Aos nosos veciños sóubolles a galleta e a pan 1F31A. Pero este conto só foi o entrante, porque despois… contamos outro máis!wp-emoji-icon :

Por cuatro esquinitas de nada”

A nosa luz negra 1F526, unha vez máis, cegounos a todos!

IMG_9156

E, para rematar fixemos dúas quendas simultáneas para decorar cadradiños 25FB e redondiños 1F535, ao tempo que nas mesas de luz intentabamos, segundo un modelo dado, facer distintas composicións. Resultou unha actividade moi entretida onde rapaces altos, baixos, con lentes, sen lentes, travesos, tranquilos, con fala, sen fala… PARTICIPARON.

Mmm… Igual me pasei coas fotos 1F4F8.png, e que hoxe gústanme todas! En fin, pintamos, pegamos, debuxamos e compartimos traballo para facer un mural no que non hai un cadradiño 25AAnin un redondiño 1F534 igual. Como a vida mesma!

Estou, estamos desexando que volvan!

Frida

IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Que é unha biblioteca para ti?

fullsizeoutput_1745.jpeg

Dende que vivo aquí, no #ceevilagarcía a biblioteca tivo moitos cambios. Sempre para mellor, eh! 1F605E neste proceso de cambio, de traballo e de aprendizaxe, as mestras seguen formándose e coñecendo novos coles e novas bibliotecas. E que BIBLIOTECAS! 

Hoxe fomos visitar a biblioteca do CEIP A Lama, un modelo a seguir 1F64C, (o que nos queda 2757) Os móbiles das profes non daban feito a fotografar todo:

Recuncho de robótica con impresora 3D, novidades, audioteca… Ai, póñenseme os dentes largos 1F601!

Ademais tivemos a oportunidade de ver tamén o resto do cole e as pegadas 1F43E.png que os proxectos documentais integrados van deixando. Enchendo os corredores de coñecemento e de vida. Produtos finais minuciosos que reflexan o bo facer da súa comunidade educativa.

E, por se fora pouco, laboratorio de audiovisuais e estudo de costura ou eu que sei xa como chamarlle 1F60D 2757

Non vos parece todo unha pasada… Pois algún día esta miña querida biblioteca poida que se convirta nese centro de aprendizaxes que todos queremos. 1F4AA

Estamos traballando niso1F60A

Frida

#FRIDARECOMENDACIÓNS, CELEBRACIÓNS, CONTADAS

#25N #DíaContraAViolenciaDeXénero

fullsizeoutput_1717

Hoxe é 25 de novembro, o Día Internacional contra a violencia de xénero, e é domingo. Os domingos estou soa no cole e aproveito para pensar, aínda que ás veces non queira, a miña cabeciña de avelaíña non para! 1F4AD E máis se na biblioteca fan contadas como a do venres: Artur e Clementina.

IMG_5851

Ai, Clementina! Que sorte tiveches! Porque cando a vida non é un conto, as mozas, as mulleres non atopan o pincel para debuxar a porta violeta  1F49Cque lles permite saír, cantar, gritar e sorrir.

Porque que difícil é abrir esa porta e liberarse. De garridos, comidas e cumpridos que nós impiden ser libres. Libres ata de nós mesmas.

O venres no cole, contaron da túa valentía, Clementina. Porque pouco a pouco, unhas detrás de outras, imos indo cara un campo verde 1F304.png, onde sabemos o que queremos. E en Galicia, hai moitos.

Pouco a pouco, contada a contada, manifestación a manifestación, aprendemos a detectar as sutilezas do maltrato. Queda moito que andar, moito que contar, moito que manifestar e moito que aprender.

 

1F49CXuntos podemos 1F49C

Frida

A BIBLIOTECA NO CEE, IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO

Poéticas diversas na biblioteca escolar

IMG_8931

O venres 9 e o sábado 10 deste mes (onte e antes de onte) unhas mestras do cole participaron nas IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Foron falar 1F5E3 de min, do meu traballo e do camiño que estamos facendo (as mestras tamén me axudan).

X9BEGA

O camiño que estamos facendo para espertar o organismo vivo, que é a biblioteca do centro, dese “coma” no que estivo durante anos. Foron falar do P.D.I.=Proxecta que fixemos o curso pasado “Mirando polo camiño”. Foron falar de que nós tamén estamos, nós tamén facemos e nós tamén aprendemos.

Contáronme que vos dixera (desta volta non me levaron 1F62D) que o mellor de todo non foi falar. O mellor foi escoitar 1F442 como os demais fan poesía cós seus traballos, como fan que quen os escoita queira tamén facer poesía. Poéticas diversas de coñecemento que nos enchen de ideas, motivación e emoción. Ingredientes moi necesarios para a poesía que queremos no #ceevilagarcía.

Pasáronme as presentacións para que lle botedes un ollo 1F440:

 

 

 

Que traballiños me dan, por riba de que non me levaron, insertar as presentacións no blog non foi nada doado 1F605!

Espero que vos gusten2757

(E se non, eu non teño nada que ver )

Frida

IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

P.D.I.

As mestras do cole fan tempo de onde sexa para aprender cousas novas. O xoves día 8 de outubro tiveron (máis ben “tivemos”) a primeira xornada formativa do curso de biblioteca. Estou  contentísima wp-emoji-icon! Pouco a pouco a biblioteca convertirase nun centro de oportunidades, nun centro de recursos e nun centro de aprendizaxes.

As nosas cabeciñas empezan xa a funcionar pensando nas posibilidades da BIBLIOTECA (así con maiúsculas) e da realización dun PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO entre todos e para todos. Cada día sabemos máis, cada día queremos máis.

Da man dun experto neste ámbito Rafael Sánchez-Agustino (CEIP A Lama) adentrámonos no mundo dos P.D.I. e no tratamento da información e dos medios.

Queda moito por aprender 1F605

1F4D4Imos facendo, imos aprendendo1F4D4

Frida

A BIBLIOTECA NO CEE, IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO

IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

cartel_final_xornadas18_web

O próximo venres 9 e o sábado 10 de novembro celébranse en Santiago as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.

E sabedes que? Eu tamén vou ir wp-emoji-icon ! Teño que aproveitar a ver se coñezo a outras mascotas e falamos de traballo, de libros, de lectura, de contadas, de proxectos, das mochilas viaxeiras, de por que non nos pagan… 1F4B0

Teño que aproveitar a ver se coñezo a outra xente; xente que sabe moito, que comparte o seu coñecemento, que traballa moito, que non se rende… Xente perseverante. Teño que aproveitar a ver se coñezo a un mozo… 1F64A

Será unha ocasión para compartir, para facer e para aprender. E… non vou soa, mirade quen me acompaña:

fullsizeoutput_15cf.jpeg

PROGRAMA COMPLETO

Bárbara Rey e os seus elefantes elefante.png elefante elefanteelefante elefante2757

Se tendes ocasión  ide a coñecela! Se ides seguro que nos atopamos!

Búscame!
1F440.pngFrida

CONTADAS, TRABALLAMOS CÓS CONTOS

Elmer texturizado!

fullsizeoutput_15e3E pouco a pouco, as clases foron subindo de novo á biblioteca. Para lembrar o conto, para coñecer mellor a ELMER, para poñer texturas nos seus cadriños. E así, cada aula “texturizou” a cor que lle correspondía. E eu, volvín a escoitar o conto, en verde, en vermello, en laranxa, en rosa

fullsizeoutput_15e1

Non me canso de escoitalo2757

O certo é que a actividade foi todo un éxito; polo menos das mestras non tiven queixa 1F602. Ás veces tolean co móbil…

fullsizeoutput_15e2.jpeg

Encántame como quedou 1F60D!

fullsizeoutput_15d7

E a vós2753

Frida