CELEBRACIÓNS, CONTADAS, PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

O MAR

20180924_135442

Este curso o noso P.D.I. (Proxecto Documental Integrado) trata sobre o mar 1F30A, que sempre está aí, no corazón dos galegos; para ben ou para mal, forma parte de nós… E a min, que tamén son galega, encántame.

Por iso vin vivir a unha vila mariñeira!1F3A3

E como xa sabedes as mestras apóianme en todo, lévoas polo regho. Dende o primeiro día comezaron a facer actividades de presentación do proxecto, e todas vestidiñas para a ocasión! 1F64C

 A ver se os rapaces se van motivando… Ben seguro que si!

Iniciamos o curso cunha xornada mariñeira na que houbo un pouco de todo: praia, barcos, contos de tiburóns, poesía…

Pero tamén moitos xogos e, como en toda boa festa que se preste, comida.

Que rico 1F60B 2757

Un día máis para a lembranza, para contar.

 1F42CMEDRE O MAR1F42C

Frida