CELEBRACIÓNS

Semana da prensa

Durante todo o curso moitas aulas do centro participan activamente no programa “prensa-escuela”; cada mércores recibimos un bo lote de periódicos que nos achegan á realidade e a o mundo. Son moitas as actividades que realizamos apoiándonos neste programa: reparto de xornais, localización de persoeiros, debuxos…

Pero estes días intensificamos as tarefas celebrando a Semana da prensa.

Pouco a pouco fomos completando o mural no que aparecía o afamado xornalista Tintín e o seu cadelo Milú, cadaquén foi expoñendo o seu traballo, hai para todos os gustos.

Como podedes ver, van dende distintas formas de expresión artística ata entrevistas realizadas polos rapaces ao persoal do centro. Todas elas mulleres, xa que o venres foi tamén o Día Internacional da Muller.

Tamén aproveitamos a ocasión para traballar o vocabulario específico.

IMG_5733.jpg

E para rematar, hoxe saíu na prensa unha boa nova; unha profe do cole, Miriam Rodríguez, recibiu o recoñecemento ao seu traballo quedando finalista da beca Fundación María José Jove.

Vai ser que o luns, imos ter que coller outra vez o xornal, e que non temos parada!

IMG_5837

Énchome de fachenda con estas noticias!

Frida