#FRIDARECOMENDACIÓNS, A BIBLIOTECA NO CEE, CELEBRACIÓNS, CONTADAS, IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, NOVIDADES, ODS 2030, REFLEXIÓNS, Sin categoría, TRABALLAMOS CÓS CONTOS

PAZ MÁXICA

O luns 31 de xaneiro foi o Día Internacional do Mago, e aproveitando que o día 30 de xaneiro é o Día da Paz e Non Violencia, fixemos no cole unha actividade que chamamos PAZ MÁXICA.

Tivemos unha contada a cargo da mestra Samantha e unha actuación da maga Barbosa.

“Hay sitio para todos” de Anahita Teymorian. Editorial: Lata de Sal

Ollade, ollade…

Tamén tivemos libros para investigar e ler sobre estes dous temas, a paz e a maxia.

Con esta actividade traballamos a consecución dunha gran parte dos ODS da Axenda 2030, aínda que con maior importancia os seguintes:

Frida

A BIBLIOTECA NO CEE, NÓS TAMÉN FACEMOS, ODS 2030, REFLEXIÓNS, VOLUNTARIOS DE BIBLIO

VOLUNTARIADO NA BIBLIO

A última semana de xaneiro, tivemos a sorte de poder comezar de novo este curso co voluntariado na biblioteca dende a Convocatoria de Bibliotecas Escolares Solidarias.

Anotáronse con gran ilusión 11 dos nosos alumnos e alumnas, que me axudarán na biblioteca a subir e baixar persianas, encender o ordenador, colocar libros… e algunha que outra labor que precise por aquí.

Mariña e Nerea
Yago, Raúl, Brais, Brayan, Alex, Eneko, David, Eli. Non aparece na foto, pero tamén temos a Carmen como voluntaria.

Gracias a tod@s!!

A través deste voluntariado traballamos a consecución dos seguintes ODS da Axenda 2030:

Frida

#FRIDARECOMENDACIÓNS, A BIBLIOTECA NO CEE, CELEBRACIÓNS, CLUB DE LECTURA FRIDAKALLAS, CONTADAS, IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, NÓS TAMÉN FACEMOS, OBRADOIROS MAKER, ODS 2030, TRABALLAMOS CÓS CONTOS

CLUB DE LECTURA FRIDAKALLAS

No mes de xaneiro, aproveitando a estación do inverno e que celebramos o Día Mundial da Neve, o club de lectura de pre-lectores das aulas Vermella, Rosa e Verde, gozaron co libro proposto polo Equipo de Biblioteca para esta celebración.

“Un copo de nieve en el bolsillo” de Rachel Bright. Editorial Kókinos.

Tamén traballaron enlazado co inverno e coa neve na súa sesión de Experimentarte, a parte da elaboración da neve proposta pola biblio…

Con estas actividades traballamos a consecución dos seguintes ODS da Axenda 2030

Frida

#FRIDARECOMENDACIÓNS, A BIBLIOTECA NO CEE, CELEBRACIÓNS, IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, NÓS TAMÉN FACEMOS, OBRADOIROS MAKER, ODS 2030

DÍA DA NEVE

O luns 17 de xaneiro celebramos no cole o Día Mundial da Neve. A maioría do noso alumnado non veu nunca a neve, nin terá a oportunidade de facelo, así que, aproveitando a estación do inverno, ¿que mellor maneira de festexar este día que traerlles a neve ao cole?

Ollade como desfrutaron

Durante esa semana tivemos varias actividades invernales, como facer marcapáxinas ou elaborar a nosa propia neve!! Na biblio todo estaba preparado…

E así traballaron algúns d@s nos@s artistas…

Tamén propuxemos unha lectura fermosa sobre o amor e a amizade, e como non, os copos de neve.

“Un copo de nieve en el bolsillo” de Rachel Bright. Editorial Kókinos

Con estas actividades traballamos a consecución dos seguintes ODS da Axenda 2030

Frida

#FRIDARECOMENDACIÓNS, A BIBLIOTECA NO CEE, NOVIDADES, ODS 2030, TRABALLAMOS CÓS CONTOS

MOCHILAS VIAXEIRAS

A semana do luns 24 de xaneiro, comezamos a actividade das mochilas viaxeiras. Cada aula ten unha mochila adaptada aos seus intereses e ao alumnado. Nelas o alumado pode atopar tanto libros, coma xogos manipulativos, películas ou música.

Con esta actividade traballamos a consecución dos seguintes ODS da Axenda 2030

Frida

#FRIDARECOMENDACIÓNS, A BIBLIOTECA NO CEE, CELEBRACIÓNS, IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, NÓS TAMÉN FACEMOS, OBRADOIROS MAKER, ODS 2030

NADAL NO CEE VILAGARCÍA

Aquí estamos de novo!!! Perdoade a tardanza, pero estiven mooooi atarefada. Imos con moito atraso, así que non temos tempo que perder

Durante o Nadal tivemos varias cousas na biblioteca: lecturas de nadal, actividades manipulativas, tanto no espazo da biblio coma na aula multisensorial, e como non, un obradoiro de adornos para decorar a árbore da biblio.

Aquí podedes ver o vídeo dos nosos adornos ;)P

Con estas actividades traballamos a consecución dos seguintes ODS da Axenda 2030

O último día antes das vacacións, tivemos un Festival de Nadal, organizado pola mestra Elena de música. Podedes ver o vídeo aquí

E este último día, tamén nos despedimos da mestra Nerea, que nos fixo uns agasallos bordados ben bonitiños!!!

Volve cando queiras!!

Frida

A BIBLIOTECA NO CEE, CLUB DE LECTURA FRIDAKALLAS, ODS 2030, PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO, TRABALLAMOS CÓS CONTOS

CLUB DE LECTURA FRIDAKALLAS

As aulas Branca, Azul e o ciclo de Reprografía, continuaron no mes de novembro e decembro coas súas reunións do club de lectura. Seguen a descubrir o que ocorre en “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas.

Frida

A BIBLIOTECA NO CEE, IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, NÓS TAMÉN FACEMOS, NOVIDADES, OBRADOIROS MAKER, ODS 2030, PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

NOVIDADES PARA A AULA DE ESTIMULACIÓN

A mestra Ana segue a encher a nosa Aula de estimulación – Espazo Maker de novidades ben chulas para traballar coa rapazada.

Aquí podedes ver as últimas novidades coas que xa traballaron antes de rematar o ano.

Láminas para traballar a través do noso PDI “Vivamos como labregos”.

Números e baldosas sensoriais.

Playmags, Magnetic Tiles, contadores metálicos e aros.

Con todos estes materiais podemos traballar a atención, o vocabulario, o conteo, a numeración, a clasificación, os conceptos básicos, …e moito máis que se nos ocorra.

Ao traballar con estes materiais axudamos á consecución dos seguintes ODS da Axenda 2030

Frida

#FRIDARECOMENDACIÓNS, COMO SE FIXO, IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, NÓS TAMÉN FACEMOS, ODS 2030, PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

COCIÑANDO SETAS

Por se non vos decatáchedes na entrada anterior, na mesa de exposicións de experimentos tiñamos uns bloques para o cultivo de setas, e a maiores, cada grupo burbulla tiña un para coidar e cultivar, enlazando así a ciencia co traballo do noso PDI “Vivamos como labregos”.

E ¿que pensades que fixemos con elas? Pois…comelas!!!

Con esta actividade traballamos a consecución dos seguintes ODS da Axenda 2030

Frida

#FRIDARECOMENDACIÓNS, A BIBLIOTECA NO CEE, CELEBRACIÓNS, IMOS FACENDO, IMOS APRENDENDO, NÓS TAMÉN FACEMOS, ODS 2030

CIENCIA NA BIBLIOTECA: NOVEMBRO 2021

Novembro é o mes da Ciencia nas bibliotecas, e por suposto, nós non podiamos deixar de experimentar, co que nos gusta ; así que aquí tedes o ben que o pasamos facendo Ciencia!!!

Con estas actividades traballamos a consecución dos seguintes ODS da Axenda 2030

Frida